viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

Racing de Santander, segundo rival do Xuvenil "A"

PabellónCF-Division Honor
PabellónCF-Division Honor
Segundo partido de liga para o noso Xuvenil de Honra, que este domingo xoga na casa contra un rival complexo, pero non imposible.

Primeiro partido de liga na casa, contra o Racing de Santander. Un equipo que, a priori, ten opcións de loitar polo título de liga e ven motivado pola vitoria acadada o fin de semana pasado.

Contamos coas baixas de Mario Langa, aínda sancionado pola da tempada pasada, e Marquitos, pendente de informes médicos para coñecer o alcance da súa lesión de xeonllo.

Os nosos afrontan un partido complexo, pero con concentración e co apoio da afección, os rapaces porán no campo todo o seu esforzo por lograr un bo resultado.

Vémonos o domingo ás 12:00 no campo dos Remedios.

Sorte!

#SerdoPabeMola

Racing de Santander, segundo rival do Xuvenil "A"