Tres puntos de gran valor para o Senior cun rival directo pola permanencia
O Pabellón da Primeira Galicia sumou tres puntos (2-4) de moitísimo valor no campo de Eiroás diante dun rival directo como o Santa Teresita. A maiores os branquiverdes aseguráronse o golaverage particular despois do empate na primeira volta nos Remedios. O triunfo a domicilio permite que o equipo abandone a última posición e sae dos postos de descenso.
Os pabellonistas tiveron que remontar un gol aos doce minutos dos locatarios obra de Faría co que se chegaría ao descanso. No primeiro cuarto de hora do segundo acto un dobrete de Marcos nun espazo de cinco minutos puxo por diante aos branquiverdes.
Pouco despois, cos locatarios tocados, os branquiverdes anotarían o terceiro por medio de Mario Langa á saida dun saque dende o curruncho executado por Rafita "Kun", que tamén había servido en bandexa o segundo tanto.
Minutos loucos
Cando parecía que o partido podía estar encarrilado, dez minutos máis tarde os de Eiroás recuperaban o aliento co 2-3 de Iván Patas. Pouco despois un gol de Rafita "Kun" de falta directa cometida sobre o propio xogador para o cuarto dos pabellonistas.
Esta acción outorgaba unha renda de dous tantos que freou de certo modo o ímpetu dos locatarios aínda que e o meta xuvenil Raúl, que debutou con boa nota, tivo que empregarse a fondo nun disparo de Oli para evitar o tanto.
Tamén tiveron a oportunidade de recortar distancias nun penalti que Denis enviou ao traveseiro. Na próxima xornada o Pabellón recibe nos Remedios ao Sporting Celanova.
FICHA TÉCNICA
CDC Santa Teresita (2): Abel, Moreno, Jacobo, Faría, Alcalde, Brais (Nico, m.76), Oli, Roi (Iván Patas, m.62), Paulo, Manu (Denis, m.67) e Iago.
Pabellón CF (4): Raúl, Rober (Aldán, m.86), Álvaro, Mario Langa, Dámaso, Cari (Miguel Ángel, m.46), Mauro Sabucedo, Rafita "Kun", Numan, Cristian Blanco (Sergio Méndez, m.55) y Marcos (Cacha, m.82).
Árbitro: Vázquez Álvarez, asisitido nas bandas por Mazac Blanco e Ndiaye Thiam (Comité Galego-Ouresne). Amonestou a Jacobo, Faría, Alcalde, Oli, Roi e Denis nos locatarios.
Goles: 1-0, m.12: Faría. 1-1, m.55: Marcos. 1-2, m.60: Marcos. 1-3, m.70: Mario Langa. 2-3, m.80: Iván Patas. 2-4, m.83: Rafita "Kun".
Incidencias: Partido da xornada vinte da Primera Galicia-Grupo 4º. Campos de Eiroás en Ourense.