Empate do Xuvenil A nun campo moi complicado
Un punto sumou o Pabellón da Liga Nacional Xuvenil (0-0) no campo do Atlético Coruña Montañeros no que o cadro local soamente perdera un partido no que vai de competición. É a terceira vez que os de David Carnero quedan sen marcar na xornada.
O partido tivo un tempo para cada equipo. Os primeiros corenta e cinco minutos foron de cor local gozando de varias ocasións para tomar vantaxe no marcador diante dun conxunto pabellonista que lle costou ter o balón.
Segundo tempo
Á volta de vestiarios as cousas variaron. Cun retoque táctico os branquiverdes pasaron a dominar a situación e creando algunhas oportunidades de gol.
Incluso houbo tempo para a polémica xa que os de David Carnero reclamaron unha pena máxima sobre Carlos que o colexiado non interpretou como tal e nos últimos minutos consideraron excesiva a expulsión de Machaca. Ao final non houbo goles nun partido duro.
A dez xornadas para o remate da competición para que a loita polo ascenso está cerrada entre catro conxuntos. O Pontevedra (50 puntos) ten vantaxe sobre Pabellón (45), Choco (45) e Val Miñor (43). Xa algo máis lonxe están Valladares (38), Racing de Ferrol (35) e Atlético Coruña Montañeros (34).
O Pabellón recibirá a visita do Bergantiños na próxima xornada es despois rendirá visita al Choco en Santa Mariña, un partido que se presenta vital para os branquiverdes, pero antes deben superar ao equipo de Carballo nos Remedios.
FICHA TÉCNICA
Atlético Coruña (0): Marcos, Samuel, Pazos, Izan, Manu, Sierra, Pablo (Leo, m.68), Daniel (Iván, m.60), Hugo (Habid, m.80), Álex (Lois, m.80) e Julián (Lucas, m.80).
Pabellón CF (0): Bruno, Carracedo, Langa, Juan Pablo, Manu, Iago Outeiriño (Unai, m.46), Justino (Carlos, m.18), Saúl (Aarón, m.82), Esteban, Sergio (Machaca, m.82) e Fernando (Amills, m.70).
Árbitro: Ordóñez Rodríguez, asistido nas bandas por Izzi Jorge Andrés e García Fente (Comité Galego-A Coruña), Amonestou a Iván (m.87) nos locais e a Juan Pablo (m.65), Manu (m.85) e Carlos (m.85) nos visitantes, que tamén sufriron a expulsión con cartón vermello de Machaca (m.90).
Incidencias: Partido da xornada vinte e catro da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de A Grela 1 na Coruña.