El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL-FASE PERMANENCIA

Empatou na Xunqueira co Salgueiriños (2-2)

Un gol no tempo de desconto de Jorge permitiu que o Pabellón Promesas sumase un laborioso punto no campo de A Xunqueira co Salgueiriños (2-2) dentro da Fase de Permanencia na Liga Galega Infantil.

Os de Carlos Amorín tomarían vantaxe aos doce minutos cun tanto de Neira e ao fío da media hora os pontevedreses igualarían o partido para chegarse ao descanso con táboas (1-1). No treito final os locatarios situaríanse por diante no marcador (2-1) pero os pabellonistas non cesaron no seu empeño de obtiveron premio no desconto cun tanto de Jorge para sumar un punto (2-2) por segunda xornada consecutiva.

O equipo é décimo na táboa despois de sumar 7 puntos. Ver clasificación.

Empatou na Xunqueira co Salgueiriños (2-2)