Un punto moi importante e boa imaxe
Na primeira metade, a ocasión máis clara foi para o Racing de Santander cun disparo dende 30 m de Neko que golpea. Nun contragolpe, Justino quedou só ante o porteiro, pero un defensa do Racing de Santander desequilibrouno e non puido rematar a porta. Acción polémica e moi protestada polos visitantes que puido cambiar o partido, xa que era o último xogador do equipo local e suporía a súa expulsión.
Na segunda metade, o equipo local deu un paso adiante para ir polo partido, algo que aproveitaron os nosos para xogar a contra e subir ao marcador o primeiro gol para o Pabellón.
No córner, una xogada de estratexia en corto na que Gallego, dentro da área, xira e pasa atrás para que Carlos remate dentro da rede.
Despois do gol, o Racing Santander volcouse no ataque e tras un centro dende a banda esquerda, Jeremí conseguiu empatar o partido.
O encontro remata con varias ocasións para amos equipos, pero as máis claras foron para o Pabellón con remates de Iker e Izan que saíron fóra da marca.
Os nosos deixaron unha boa imaxe e o punto conseguido deixa boas sensación de cara a vindeira xornada.
#SerdoPabeMola