O Promesas alevín, á final nos penaltis
O Pabellón Promesas clasificouse para a final do Torneo Ourense Base despois de superar na tanda de penaltis ao Santa Teresita nos Remedios despois do empate (1-1) na ida e volta.
Os de Juan Carballo adinataríanse moi no marcador moi pronto cun gol do benxamín Dani para chegarse ao descanso con ese marcador que lle daba vantaxe na eliminatoria despois da igualada a un tanto na ida xogada en Eiroás.
A segunda parte foi transcurrindo sen novidades no marcador e con moita emoción a medida que pasaban os minutos co cadro local intentando apuntillar co segundo tanto e os visitantes na búsqueda, polo menos, de igualar a contienda. Foi no último suspiro cando o Santa Teresita conseguiría o empate por medio dun penalti que daría paso á tanda de penaltis na que os pabellonistas estiveron máis acertados (4-3).
O campo de o Xeixo en Santa Cruz de Arrabaldo acollerá este sábado a final contra a EDC Xinzo de Limia.