El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Primeira vitoria do Senior nos Remedios con moitísimo sufrimento

Ata a quinta xornada tivo que esperar o Pabellón da Primeira Galicia para apuntarse o primeiro triunfo da tempada a costa do MonterreI. Os de Luis Parada e Julio Casanova suman 5 puntos na táboa clasificatoria, todos eles conseguidos no campo dos Remedios despois de dous empates dista vitoria.

Eso si, os branquiverdes sufriron moito ao longo duns intensísimos noventa minutos más un amplio desconto ante un contrario moito más físico e experimentado que foi incapaz de perforar a portería de Julián. 

O meta limiao estivo este domingo moi ben arroupado pola súa defensa dado o moitísimo traballo que lle deron os contrarios, de maneira especial na segunda metade.

Segundo tempo

O tanto pabellonista chegaría ao cuarto de hora do segundo tempo. Un centro pasado rematouno Numan e o balón, despois de petar no longueiro, acabouno de introducir Carracedo na mesma raia de gol entre unha nube de xogadores.

A media hora final máis o tempo de prolongación foron un auténtico asedio do Monterrei nun querer e non poder. Ata catro homes en punta situou o seu técnico Bruno Gómez para tratar de revertir a situación avanzado este segundo acto e tiveron varias ocasións para marcar. 

Pero os branquiverdes tamén gozaron de dúas oportunidades moi claras para haber aumentado a diferenza. Ao final o marcador non se movería máis e os tres puntos quedaron na casa.

Na vindeira xornada o Pabellón visita ao Maside no Outeiro Grande, pero este mércores arranca a Copa Deputación coa visita do Antela da Preferente Galicia aos Remedios (17 horas) na eliminatoria de trintaedousavos a partido único.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Julián, Aldán, Sergio Méndez, Rober, Juan Pablo, Langa (Antón, m.50), Carracedo (Pablo Gil, m.80), Sergio, Caseiro (Carid, m.58), Pancho (Cristian, m.72) e Numan (Gabriel, m.64)

Monterrei CF (0): Javier, Teixeira, Víctor (Jaime, m.65), Sandro, Soto (Saúl, m.62), Brais (Osama, m.55), Xurxo, José Manuel, Pablo (Iván, m.90), Gregorio e Álex Boán.

Árbitro: Rodríguez Fernández, asistido nas bandas por Alonso Sánchez e Betancourt Aguirre (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Carracedo (m.33), Antón (m.80), Julián (m.55) e Sergio Méndez (m.90) nos locais e a José Manuel (m.90) e Jaime (m.90) nos visitantes.

Gol: 1-0, m.60: Numan.

Incidencias: Partido da quinta xornada da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Primeira vitoria do Senior nos Remedios con moitísimo sufrimento