Primeira victoria do noso Xuvenil A
Chegou a primeira vitoria da tempada nunha competición complexa. Os nosos remataron o partido cun 0 - 2 no marcador.
Un inicio de partido con moita presión por parte dos locais, creando varias ocasións que soupemos solventar. A medida que pasaron os minutos, os nosos fóronse asentando e quedándose co dominio do balón, aínda que os locais estiveron cerca de marcar nos derradeiros minutos deste primeiro tempo.
O tempo de descanso sentoulle ben ó equipo, saindo mellor colocado, máis agresivos, gañando duelos individuais e xogando máis soltos.
Chegou o noso gol. Nunha falta ó borde da área, Iker Rodríguez cun tiro forte polo lado que defendía ó porteiro, facía o 0-1.
O equipo local votouse arriba, pero os nosos, ben plantados atrás e facendo un bo traballo defensivo, conseguiron manter o resultado ata que nunha contra levada por Justino que pasa a Iker Rodríguez e este define facendo o 0-2, no minuto 89´.
Tres puntos moi importantes para o noso equipo, xa que para uns rapaces tan xóvenes, xogando fora de casa, contra xogadores de maior idade e físico, ser capaces de adiantarse no marcador e aguantar o resultado, serviralles para ir madurando e aprender a competir nesta categoría tan esixente.
Felicitar a todo o equipo, xogadores e corpo técnico, e a seguir traballando.
#Serdopabemola