Previa | Xuvenil "A", vitoria necesaria en cuadro
Pabellón CF – CVC Valladares (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 27, 12:00 horas):
Logo do parón pola Semana Santa, o Pabellón afronta a recta final da competición recibindo ao Valladares na xornada vixésimo novena na Liga Nacional Xuvenil. Restan seis partidos para que remate a Liga.
Os branquiverdes (49 puntos), a seis da segunda praza de ascenso, teñen que sumar os tres puntos ante un rival (23) que está fóra do descenso directo por escaso marxen e tamén amenazado polos arrastres de equipos galegos dende a División de Honra.
Once puntos a domicilio acumula o equipo pontevedrés derivados de tres vitorias, dúas igualadas e nove derrotas, sumando vinte goles a recibindo trinta e seis. O último triunfo foi do Valladares, foi como visitante no campo do Bertamiráns. Na primeira volta na Gándara non houbo goles (0-0).
Ata sete baixas acumula a escuadra pabellonista para este choque. Ás ausencias de Cougil, Julián, David, Álex Riveiro, Gómez e Joel Pacios hai que sumar as de Joel, cunha rotura de clavícula no partido de Porriño, e o meta Abraham. Os técnicos Iván Alonso e Xoel Docampo recuperan a Jorge e ao cadete Melguizo.
O árbitro do partido será Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Añel Fernández e Martínez Rodríguez, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 29.