LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A visita a un recén ascendido

ED Val Miñor B - Pabellón CF (Condomínguez; domingo 12, 12:15 horas):

A sexta xornada da Liga Nacional Xuvenil leva ao Pabellón ata Nigrán para medirse ao recén ascendido Val Miñor "B", dous equipos cunha racha incómoda máis ou menos similar. 

Os pontevedreses suman 5 puntos ocupando o decimocuarto lugar. Levan catro semanas sen gañar dende que o fixeran na xornada inaugural no campo do Atlético Arteixo (0-1). Posteriormente sumaron dúas igualadas e dúas derrotas. En Condomínguez empataron co Conxo Santiago (1-1) e caeron co Choco (0-3).

A escuadra que adestra Rubén García chega a esta cita despois de encaixar tres derrotas consecutivas e co obxectivo de revertir esa racha negativa en terras nigranesas. 

O adestrador ourensán non poderá contar con Álex Riveiro, David, Maikel, Gómez, Hugo e Samuel Villar.

A arbitraxe correrá a cargo de Darío Costas Rodal, asistido nas bandas por Díaz González e Casal Almeida, do Colexio de Vigo. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 6.