Previa | O Xuvenil "A" visita ao Racing
Racing Club – Pabellón (O Pote-Fene; sábado 24, 12:15 horas):
Os pabellonistas afrontan una longa viaxe para enfrontarse na mañá do sábado ao conxunto departamental dentro da xornada vinte e tres da Liga Nacional Xuvenil.
Os de Iván Alonso e Brais Silva chegan a esta cita colocados no posto catorce con 20 puntos despois dunha serie consecutiva de seis partidos sen gañar. Sumar os tres puntos sería un bálsamo para os branquiverdes.
Para este partido seguen as baixas por sanción de Lamús e Santi Granja, ao igual que o adestrador Iván Alonso, e por lesión Manu Cougil e Rubén "Machaca".
Causa baixa no plantel Miguel López, que por motivos persoais ten que retornar a Verín e ao que o club agradece os seus servizos. Todo isto a falta do último adestramento este venres.
Dezasete puntos suman os ferroláns como locatarios, a catro do segundo posto de ascenso, despois de cinco vitorias, dous empates e tres derrotas nos que marcaron 21 goles e encaixaron 11. No partido da primeira volta os ourensáns venceran 2-0.
O árbitro do partido será Edgar Fraga Villares, asistido nas bandas por Iago De Oliveira e Teo Fernández, todos eles do Colexio de Ferrol.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 23.