LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A" viaxa a por puntos

Victoria CF – Pabellón CF (A Grela 1; sábado 26, 12:15 horas):

Tras dous partidos consecutivos como local, o conxunto pabellonista viaxa ata terras coruñesas para afrontar a oitava xornada da Liga Nacional Xuvenil visitando a un clásico como o Victoria.

O conxunto herculino está situado na undécima posición con 10 puntos despois de tres vitorias, un empate e tres derrotas. As dúas últimas citas foron con resultados negativos ante Bertamiráns e Lugo.

Como local soamente foron capaces de vencer no derbi herculino ao Ural Español (3-2) para despois igualar co Arosa "B" (1-1) e caer posteriormente co Bertamiráns (1-2).

Os branquiverdes (15 puntos) viaxan co punto de mira posto en sumar os tres puntos para manterse na zona alta da táboa clasificatoria despois da amarga derrota no Miguel Ángel da pasada xornada.

Para esta cita os técnicos Iván Alonso e Brais Silva seguen sen poder contar por diferentes lesións con Joel Pacios e YounessHaberá que esperar ao último adestramento deste venres para ver se poden contar con Lucas, que xa adestra co grupo, e Manu Cougil. A nota positiva é a recuperación de Joel Rodríguez.

O árbitro do partido será Abel González Vázquez, asistido nas bandas por Miño Rojas e Lobón Martínez, do Colexio de A Coruña.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 8.