LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A", a por tres puntos en Ames

Bertamiráns FC – Pabellón CF (Municipal de Bertamiráns; sábado 15, 16:00 horas):

A xornada vinte e un no Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil leva ao Pabellón ata Ames para enfrontarse a un rival que afronta a primeira participación na categoria, na que loita por evitar o descenso e neste momento afectado polo arrastre que orixina o Choco dende a División de Honra.

O Bertamiráns (15 puntos) leva sumadas tres vitorias como local es seis derrotas con dezaseis goles anotados e vinte e dous encaixados. Ata hoxe non empatou ningún partido en casa nin como visitante. 

Inmerso nunha inédita serie de empates, cinco nas seis últimas citas, o Pabellón (39 puntos) tratará de romper esa racha e volver ao camiño das vitorias, eso sí, ante un rival que necesita os tres puntos. Na primeira volta 3-1 no Miguel Ángel.

Oito partidos consecutivos leva o equipo sen perder, pero seis deles foron con igualadas sen goles. O Pabellón ocupa a terceira praza do grupo pero cos seus inmediatos perseguidores moi preto. Joel, por acumulación de amonestacións, e Cougil, por lesión, son baixas. El defensa Lamús é dúbida para este choque.

Darío Costas Rodal será o colexiado do partido, asistido nas bandas por Antelo Romero e Valiño Pérez. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 21.