Previa | O Xuvenil "A" recupera xornada en Valladares
CVC Valladares – Pabellón CF (A Gándara; venres 6, 12:00 horas):
O Xuvenil "A" afrontará este venres o partido suspendido o pasado 24 de novembro correspondente á duodécima xornada de competición da Liga Nacional.
Poucas cousas cambiaron con respeto a ese partido que estaba programado na Gándara xa que o Valladares segue cos 9 puntos que tiña daquelas.
Lembrar que nas cinco confrontacións como local os pontevedreses gañaron en dúas delas ante rivais directos pola permanencia: Arousa "B" (4-3) e Bertamiráns (3-2). Once goles suma o equipo pontevedrés no seu feudo, onde sempre marcou.
Mentres, o Pabellón tamén segue con 27 puntos despois da amarga derrota co Deportivo "B" a pasada fin de semana. Os branquiverdes afrontan este choque co punto de mira posto nos tres puntos para manter a certa distancias aos seus inmediatos perseguidores.
O adestrador ourensán Iván Alonso non poderá contar para este partido con Julián, David e Álex Riveiro. Mentres, Cougil será dúbida á espera do último adestramento deste xoves.
David Táboas Lagoa, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Calvar Fernández , do Colexio de Vigo, serán os encargados de dirixir o partido.