LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A" recibe ao Conxo Santiago

Pabellón CF – CD Conxo Santiago (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 3, 12:00 horas):

O conxunto santiagués, noveno na clasificación (11 puntos), será o rival dos branquiverdes (18 puntos) na novena xornada de competición na Liga Nacional Xuvenil, nunha cita na que os locatarios buscarán a vitoria para seguir na parte alta do grupo.

Lonxe do seu campo o Conxo sumou 4 puntos como consecuencia dunha vitoria, un empate e dúas derrotas. O único triunfo foi nun partido de rivalidade co Bertamiráns (3-4) e a igualada rexistrouse na visita ao Arosa "B" (1-1). Caeron no campo do Alondras (1-0) e no do Ural (4-2).

Para este partido os técnicos Iván Alonso e Brais Silva seguen sen poder contar por diferentes lesións con Joel Pacios e Youness. Haberá que esperar ao último adestramento deste xoves para ver se poden contar con Lucas, que todo parece indicar que si.

A arbitraxe correrá a cargo de Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Gómez Míguez e Nogueiras Rodríguez, do Colexio de Ourense.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 9.