LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Oponente de alto nivel para o Xuvenil A

Pabellón CF - RC Deportivo B (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 2, 12:00 horas):

O Deportivo B, segundo clasificado con 22 puntos, será o próximo rival do Pabellón no choque da novena xornada da Liga Nacional Xuvenil. Trátase duna cita de altura para os ourensáns.

Os herculinos chegan ao Miguel Ángel invictos e cedendo soamente un empate en Boiro (1-1) no que vai de competición. O resto foron vitorias, unhas máis holgadas que outras. No seu haber contan con 30 goles anotados e 7 encaixados, como visitante soamente recibiron 2.

Os pabellonistas afrontan un partido no que teñen moito que gañar e pouco que perder. Contan con 13 puntos e chegan a esta cita despois dunha serie de tres partidos consecutivos sen perder.

O adestrador Rubén García mantén as baixas de Álex Riveiro, Maikel, Gómez e Samuel Villar, ás que se unen Iker Regueira e Samuel Ferraz. Mentres, David e Hugo, lesionados dende a pretemporada, xa adestran co grupo e algún deles podería entrar na convocatoria.

Rubén Castro Fernández é o árbitro designado, asistido nas bandas por Iglesias Rodríguez e Huertas Novo, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 9.