LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A" viaxa a Cangas

Alondras CF - Pabellón CF (O Morrazo; sábado 17, 17:00 horas):

A antepenúltima xornada na Liga Nacional Xuvenil leva ao Pabellón ata Cangas de O Morrazo para medirse ao Alondras nunha cita con escasa repecursión clasificatoria.

Os ourensáns (55 puntos) están nunha sexta praza da táboa clasificatoria que tratan de asegurar e os pontevedreses (37) colocados na undécima posición están en condicións de escalar posicións. 

Como anfitrión os números dos cangueses deixan dezanove puntos producto de seis triunfos, un empate e oito derrotas, con dezaseis goles anotados e dezaoito encaixados. Nas tres últimas xornadas soamente sumaron un punto no campo do Coruxo.

Na primeira volta o marcador non se movera (0-0) no Miguel Ángel, deixando o Alondras unha boa impresión.

Lamús, Soriano e Abraham únense á larga lista de lesionados para este choque polo que os técnicos Iván Alonso e Xoel Docampo deberán tirar do Preferente para completar a convocatoria.

Jorge Chan Pérez será o árbitro do partidos, asistido nas bandas por Bacariza Baltasar e Franco Echeverri, do Colexio de Pontevedra. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 32.