Previa | O Xuvenil "A" visita a un rival necesitado

Arosa SC "B" – Pabellón CF (Manuel Jiménez; sábado 1, 12:00 horas):
O Xuvenil branquiverde viaxa este sábado a Vilagarcía para afrontar a decimonovena xornada do Grupo 1º da Liga Nacional, na que que terá un rival moi necesitado de puntos ocupando unha das dúas prazas de descenso directo.
A escuadra pontevedresa, ascendida ao final da pasada campaña, ocupa a penúltima posición do grupo (9 puntos) e acumulan dez xornadas consecutivas sen gañar nas que soamente sumaron un empate.
Como conxunto local o Arosa B acumula ata hoxe dúas vitorias, un empate e cinco derrotas. Anotou 10 goles e recibiu 16.
Os de Iván Alonso, terceiros na clasificación con 37 puntos, buscarán a vitoria para manterse nesa posición. O equipo acumula seis partidos sen perder, con dous triunfos e catro igualadas, nos que mantivo a portería a cero.
David, Martínez e Jorge, lesionados, non serán da partida e Soriano tampouco estará. A novidade positiva é a recuperación de Youness.
O árbitro do partido será Asier Manuel Fariña Biasi, asistido nas bandas por Barreiro Viñas e Franco Echeverri, do Colexio de Pontevedra. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 19.