LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Última cita anual do Xuvenil A cun derbi

Pabellón CF - Ourense CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 21, 12:00 horas):

Pabellón e Ourense CF medirán forzas esta fin de semana no Miguel Ángel-Os Remedios nun derbi ourensán correspondente á 16ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, encontro que servirá ademais para pechar o calendario competitivo deste ano.

O conxunto visitante chega á cita situado na penúltima posición da táboa con 8 puntos. Recentemente ascendido á categoría, o Ourense CF tivo un inicio ligueiro moi esixente, aínda que nas últimas semanas amosou unha clara melloría. Proba diso son os dous triunfos acadados nas cinco últimas xornadas, ambos como local, que lle permitiron gañar confianza e competitividade. Lonxe de Oira, porén, os números son máis discretos: dous empates en oito desprazamentos, con 7 goles a favor e 14 en contra.

Pola súa banda, o Pabellón ocupa a décima praza con 18 puntos e afronta o duelo coa necesidade de reencontrarse co triunfo. Os blanquiverdes encadean catro xornadas consecutivas sen coñecer a vitoria, aínda que esta será a súa segunda comparecencia seguida como local, un factor que o cadro pabellonista quere aproveitar para romper a mala dinámica.

O obxectivo do equipo é claro: sumar tres puntos que permitan pechar o ano con bo sabor de boca, sabendo que este tipo de partidos adoitan. Cun derbi por diante e moito en xogo a nivel anímico, espérase un encontro intenso e disputado.

O técnico ourensán Rubén García recupera para este partido a Samuel Ferraz, Melguizo e Jesús, loxicamente á espera do último adestramento na tarde deste venres.

O arbitro designado para este choque é Alexandre Represas Rodríguez, asistido nas bandas por Pintos Fernández López Fernández, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 16.