COPA DEPUTACIÓN SENIOR

Previa | Toca Copa para un Senior mermado

Pabellón CF –  CD A Purísima (Miguel Ángel-Os Remedios; venres 6, 16:00 horas):

O equipo branquiverde aparca a competición ligueira para afronta a eliminatoria de dezaseisavos da Copa Deputación Senior. Na primeira rolda eliminaran na tanda de penaltis ao Atlético Vilariño despois do 0-0 no tempo regulamentario.

Nesta ocasión os pabellonistas repiten como locatarios e tamén ante un adversario que milita na Segunda Futgal ocupando a quinta praza na clasificación e que eliminou na anterior eliminatoria ao CD Rúa (2-0).

En canto a efectivos os de Toño Sanmartín seguen coa enfermería a tope: Luis, Cacha, Dani, Miguel Ángel e Berni. Por outros motivos non poderán estar Rubén e Román, que xa participou na Copa co Maceda. A convocatoria incluirá algúns xuvenís.

Cristian Rodríguez Pires será o colexiado desta confrontación. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes aos DEZASEISAVOS.