Previa | Test de altura para o Xuvenil "A"
Pabellón CF – RC Deportivo "B" (Miguel Ángel; domingo 1, 12:00 horas):
Despois do partido suspendido na pasada xornada en Valladares, os de Iván Alonso reciben a un rival que ocupa a segunda praza na Liga Nacional Xuvenil cun punto de vantaxe sobre os pabellonistas, que teñen un encontro menos.
O Deportivo "B", que na pasada fin de semana se viu sorprendido polo Lugo en Abegondo (1-2), acumula 13 puntos como visitante despois de catro triunfos, un empate -Alondras (1-1)- e unha soa derrota que se rexistrou no campo do Racing de Ferrol (1-0). Como visitante leva anotados vinte goles e soamente encaixou cinco. O dianteiro deportivista Miguel de Labra, con 14 dianas, é o máximo realizador do grupo.
Os branquiverdes intentarán sacar adiante este enfrontamento que lles permitiría superar aos herculinos na táboa e de paso manterse na zona de ascenso á División de Honra. Lembrar que antes da suspensión do partido da anterior xornada, que se xogará o venres 6 de decembro ás 12 horas na Gándara, os ourensáns acumulaban catro vitorias consecutivas.
O técnico local Iván Alonso ten as baixas de Julián, Cougil e David, o resto do equipo está dispoñible.
Brais Rodríguez García será o árbitro do partido, asistido nas bandas por Martín Rodríguez e Alonso Sánchez, do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 13.