SEGUNDA FUTGAL

Previa | Rival rocoso para o Sénior

Piñeira Seca FC - Pabellón CF (Fernández Carrera; sábado 7, 18:45 horas):

A 21ª xornada da Segunda Futgal trae este sábado un esixente compromiso para o Sénior, que visitará a un dos equipos máis sólidos da categoría, o Piñeira Seca.

O conxunto local ocupa actualmente a cuarta praza con 38 puntos, posición que lle permitiría disputar a promoción de ascenso. Os números no seu feudo avalan o seu potencial: cinco vitorias, tres empates e só dúas derrotas, cun balance ofensivo e defensivo moi destacado, tras anotar 26 goles e encaixar unicamente 14. De feito, só Arenteiro B e Rayo 21 foron quen de asaltar o seu campo, converténdoo nun dos escenarios máis complicados do campionato. Ademais, o Piñeira Seca chega a esta cita nun bo momento de forma, cunha serie de dous encontros consecutivos sen coñecer a derrota.

Pola súa banda, o Pabellón afronta o duelo coa intención de resarcirse da derrota sufrida o pasado domingo fronte ao líder. Os de Toño Sanmartín ocupan a oitava posición con 31 puntos, nunha zona media da táboa moi axustada, onde cada xornada pode marcar diferenzas significativas.

O obxectivo dos branquiverdes pasa por sumar algo positivo nun campo complicado ante un rival rochoso e altamente competitivo, que xa demostrou o seu potencial na primeira volta ao levar os tres puntos do Miguel Ángel. A cita preséntase como unha proba de carácter para un Pabellón que buscará recuperar sensacións e dar un paso adiante nun dos desprazamentos máis esixentes da tempada.

Toño Sanmartín non poderá contar por diversas causas con Rubén, que foi operado este martes, Miguel Ángel, pendente dunha resonancia para coñecer o alcance da lesión nun xeonllo, Guzmán e o sancionado Aldán. O técnico pode contar con Enrique e Changui á espera do último adestramento deste venres.

Adrián Martínez Peña é o colexiado designado para dirixir o partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 21.