1-2 | Derrota do Senior ante un rival rocoso
DOMINGO 28/09/2025 (17:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)
PABELLÓN CF : 1 – PIÑEIRA SECA FC : 2 (0-2)
Derrota do Pabellón no Miguel Ángel contra o Piñeira Seca no partido correspondente á cuarta xornada da Segunda Futgal. Con este marcador adverso o equipo suma 3 puntos.
Nunha cita moi disputada con moito fútbol de contacto os branquiverdes tiveron un rival moi rocoso que non o dexiou estar cómodo sobre o campo. Nos últimos instantes da primeira metade os visitantes encaminarían o partido anotando dous goles por medio de Xosé e Kevin que foroin unha lousa para os branquiverdes.
Na segunda metade os de Toño Sanmartín estiveron mellor pero o Piñeira Seca defendeuse con uñas e dentes. O gol local de Jhonny Nóvoa chegaría nos minutos finais e sen tempo para máis.
Na próxima xornada o Pabellón visita no campo de Rúa Nova ao Cenlle, que suma 4 puntos, un máis que os branquiverdes.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Anxo, Rober (Óscar, m.46), Miguel Ángel (Cacha, m.78), Pede, Mario, Sergio, Rubén (Guzmán, m.46), Numan (Jhonny Nóvoa, m.84), Aldán, Noli e Moure.
Piñeira Seca FC: Brais, Manuel (Osama, m.36), Elías, Edu (Iván, m.70), Xosé (Miguel, m.87), Kevin (Eulogio, m.70), Adrián, Luis, Gastón, Cristian e Carlos Américo (Pablo, m.87).
Árbitro: Pablo Martínez Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Moure (m.75) nos locais e a Gastón (m.60) e Carlos Américo (m.83) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.45: Xosé. 0-2, m.45+2: Kevin. 1-2, m.90: Jhonny Nóvoa.