TERCEIRA FUTGAL OURENSE/PROMOCIÓN DE ASCENSO

Previa | O Senior, á caza dun bo resultado en Bande

Bande FC - Pabellón CF (Outeiro; domingo 1, 18:00 horas):

Este domingo disputarase o choque de ida da eliminatoria definitiva da promoción de ascenso a Segunda Futgal que leva ao Pabellón ata Bande.

Curiosamente os dous equipos foron terceiros clasificados nos seus respectivos grupos e ambos solventaron as súas eliminatorias a domicilio e os dous enfrontamentos necesitaron de prórroga. A diferenza estivo en que o Bande non necesitou tanda de penaltis para avanzar na promoción ante o Amoeiro.

A ida xogarase no Outeiro ao ter mellor coeficiente o Pabellón (2,18) que o conxunto banduense (2,15) despois de que os dous equipos fosen terceiros. Como local o rival dos branquiverdes acumula oito triunfos, catro empates e tres derrotas. Como visitante soamente perdeu un partido en toda a competición sumando once triunfos.

Os pabellonistas buscarán o mellor resultado posible de cara ao partido de volta unha semana despois no Miguel Ángel. Toño Sanmartín esperará ao último adestramento deste venres para ver quenes están en condicións de entrar na convocatoria con varios xogadores tocados. Rober, que se perdeu a cita de Soutopenedo por sanción, estará dispoñible.

Daniela Romero Machado será a colexiada do partido, asistida nas bandas por González Rey e Alcázar González