TERCEIRA FUTGAL OURENSE

Previa | Complicada saída para o Senior

Salamonde CF - Pabellón CF (A Lamela; sábado 8, 16:30 horas):

O equipo Senior (27 puntos) ten unha complicada saída ao campo do Salamonde (20) no choque que corresponde á decimosexta xornada na Terceira Futgal-Grupo 1º. Restan nove partidos para rematar a competición nos que os branquiverdes teñen cinco citas como local e catro como visitantes.

Os de Toño Sanmartín buscarán unha vitoria que os manteña, al menos, en posto de promoción diante dun rival que presenta uns números equilibrados como local con 11 puntos derivados de tres triunfos, dous empates e tres derrotas despois de anotar 18 goles e recibir 20.

Curiosamente menos no partido da primeira volta no Miguel Ángel (2-0), o Salamonde marcou en todos os demáis partidos. Os pabellonistas terán que adaptarse ás reducidas dimensións do sintético de A Lamela, onde as xogadas a balón parado cobran vital importancia.

Para afrontar este choque os pabellonistas non poderán contar con Dani, Cacha, Changui,  Berni, Ignasi, Rubén e Madrigal. Guillermo, que xa adestrou o martes, podería ser alta.

O colexiado do partido será Ignacio Iglesias Rodríguez. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 16