El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA OURENSE

Previa | Rival perigoso a domicilio para o Senior

Pabellón CF –  SCD Paderne (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 18, 16:15 horas):

Logo do parón na competición ligueira, suplido  polo partido de Copa, os branquiverdes teñen unha cita importante diante dun rival cos seus mesmos puntos (27) na xornada dezanove do Grupo 2º da Segunda Galicia.

Os pabellonistas non terminan de vaciar a enfermería e Toño Sanmartín non poderá contar con Iván, Diego, Sandro e Mael. O adestrador espera contar con Miguel Ángel, ausente no choque copeiro. Todo isto á espera de que no derradeiro adestramento deste venres.

O equipo pabellonista, que acumula dous triunfos consecutivos, está ubicado no undécimo lugar da clasificación con 27 puntos. Nesta cita o obxectivo é tratar de sumar os tres puntos para seguir escalando posicións no grupo.

Rival forte a domicilio

O Paderne presenta uns bos números como visitante, nos que leva sumados 12 puntos logo de tres triunfos, tres empates e soamente dúas derrotas. Anotaron 14 tanto e recibiron 11. Os  seus dous últimos encontros saldáronse con resultados negativos.

No partido da primeira volta celebrado no campo de Vista Hermosa houbo reparto de puntos (2-2) despois de que o Paderne equilibrase no último minuto a remontada branquiverde.

O partido será arbitrado por Javier Carid Pérez. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 19.

Previa | Rival perigoso a domicilio para o Senior