Previa | O Senior recibe a un rival invicto como visitante
Pabellón CF - SCD Paderne (Miguel Ángel-Os Remedios; sábado 1, 18:00 horas):
O Senior afronta este sábado unha nova cita da Segunda Futgal, recibindo ao Paderne no marco da novena xornada do campionato.
Con 15 puntos na súa conta o Paderne presenta uns rexistros sólidos como visitante, xa que non coñece a derrota fóra da casa, sumando unha vitoria e tres empates nas súas saídas. Isto converte o encontro nun duelo directo e esixente entre dous equipos situado na parte media-alta do grupo preto das dúas prazas de promoción.
Pola súa parte, o conxunto pabellonista preséntase a esta cita con 13 puntos na clasificación e unha dinámica positiva de tres partidos consecutivos sen coñecer a derrota.
O duelo terá ademais un antecedente recente na Copa Deputación, competición na que ambos equipos se enfrontaron hai poucas semanas. Naquela ocasión, o Pabellón acadou a clasificación despois de remontar dous goles en contra (2-3) no campo de Vista Hermosa.
Por diferentes motivos nos de Toño Sanmartín non estarán Xoel, Jorge, Rubén, Jhonny Merlo e Aldan. Con respecto á semana pasada espera recuperar a Miguel Ángel e Guzmán.
Daniela Romero Machado é a colexiada designada para este partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 9.