Previa | O Senior pecha a primeira volta

Pabellón CF - CD Barco "B" (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 19, 16:00 horas):
O Pabellón recibe ao CD Barco "B" no que será a última xornada da primeira volta na Terceira Futgal-Grupo 1º e que corresponde á decimoterceira data do calendario de competición.
Os de Toño Sanmartín, terceiros na táboa con 21 puntos, queren pechar a primeira parte da Liga cun triunfo no Miguel Ángel que lle permita, al menos, seguir na zona de promoción e tratar de escalar unha posición xa que o líder Atlético Trelle (23) descansa.
Pola súa parte, o Barco é noveno na clasificación con 12 puntos. Como visitantes non coñecen a vitoria ao ter un rexistro de dous empates e outras dúas derrotas, anotando 5 goles e encixando 14.
En canto á dispoñibilidade de xogadores, Cachaldora, Dani, Changui, Numan e Aldán non estarán ante os valdeorreses por diferentes motivos. A parte positiva está na recuperación de Mejuto, Román e Miguel Ángel.
O colexiado encargado de dixirir o partido é Daniel Cabano Docasar. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 13.