Previa | O Senior recibe ao colíder
Pabellón CF – CD Córgomo Vilamartín (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 17, 16:30 horas):
Os de Toño Sanmartín teñen un partido moi complicado ante un rival que comparte a primeira praza do Grupo 2º da Segunda Galicia e que trata de dar o salto á Primeira Galicia.
Seis partidos sen perder, tres vitorias e tres empates, acumula a escuadra branquiverde e que lles permite estar fóra dos postos de descenso (33 puntos). Neste choque intentarán manter esa racha positiva sabedores das dificultades que ten o cometido.
Para este partido o técnico pabellonista recupera a Iván con respecto a anteriores citas pero presenta unha ampla lista de baixas por diferentes motivos: Sandro, Anxo, Iago, Miguel Ángel, Berni, Madrigal e Cacha. Toño Sanmartín terá que completar a convocatoria con xuvenís.
O Córgomo (52 puntos) chega cunha serie de cinco vitorias e un empate de forma consecutiva. Os números que presentan como visitantes son demoledores: unha derrota, un empate e nove triunfos para un total de 32 goles e encaixaron soamente 8.
No enfrontamento da primeira volta disputado no campo de Villoira os pabellonistas arrancaran un valioso puntos tras empatar 2-2.
O partido será arbitrado por Pablo Cid Menor. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 23.