Previa | O Senior inicia o 2025 con novidade
Sporting Vilamarín - Pabellón CF (Outeiro Maior; sábado 11, 16:00 horas):
O conxunto Senior visita ao Sporting Vilamarín na primeira cita do 2025 e que corresponde á penúltima xornada da primeira volta na Terceira Futgal-Grupo 1º.
Os pabellonistas chegan a esta cita ocupando a cuarta posición con 18 puntos, a un da zona de promoción que ocupan actualmente Atlético Trelle (20) e Amoeiro (19), e a tres do líder Moreiras (21).
Mentres, o Sporting Vilamarín é o inmediato perseguidor dos branquiverdes na quinta praza con 15 puntos. Como locatarios acumulan 2 vitorias, 2 empates e 1 derrota despois de anotar 14 dianas e encaixar 6.
Berni, Dani, Cacha, Changui e Mejuto non participarán na cita por diferentes causas. No aspecto positivo para os de Toño Sanmartín, xa poden estar dispoñibles Luis, Miguel Ángel e Ignasi e tamén de Pedro Rodríguez, que se incorpora ao equipo tras o seu paso polo CD Coles tras formarse no Pabellón. Pode xogar como central ou como centrocampista.
O colexiado encargado de dixirir o partido é Martín Pérez Quintas. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 12.