Previa | Os tres puntos, obxectivo do Xuvenil "A"

Pabellón CF – Alondras CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 3, 12 horas):
Co punto de mira posto nos tres puntos e cotar unha racha de sete partidos sen gañar, os pabellonistas disputan este domingo un partido moi importante contro conxunto de O Morrazo correspondente á xornada vinte e catro da Liga Nacional Xuvenil.
Os de Iván Alonso e Brais Silva chegan a esta cita colocados no posto quince con 20 puntos, fóra do descenso con catro puntos de colchón. O Alondras suma 30 ubicado na zona media da táboa clasificatoria.
Para este choque son baixas por sanción de Lamús, ao que lle quedaría un partido, e Santi Granja, que estará habilitado para a próxima xornada. O técnico Iván Alonso tamén segue sancionado e non estarán por lesión Manu Cougil, Machaca entre algodóns e Álex Riveiro á espera da alta médica este venres.
Catorce puntos suman os pontevedreses como visitantes tras conseguir catro vitorias, dous empates e cinco derrotas nos que anotaron 17 goles e encaixaron 19. Chegan a esta cita despois de tres partidos sen gañar. Na primeira volta os cangueses venceran 2-0.
O colexiado do partido será Brais Rodríguez García, asistido nas bandas por Oumar Diallo e Jaimies Mosquera, todos eles do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 24.