Previa | Tres puntos innegociables para o Senior
Pabellón CF – CD O Irixo (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 10, 16:15 horas):
O equipo que adestra Toño Sanmartín volve a retomar a competición regular no Terceira Futgal-Grupo 1º despois da positiva eliminatoria da Copa Deputación ante o Atlético Vilariño.
O Irixo preséntase nesta cita no Miguel Ángel como colista do grupo tras cinco derrotas no seu haber, 1 gol anotado e 25 encaixados.
Para os branquiverdes, sextos na clasificación con 9 puntos, é máis que obrigado sumar os tres puntos para seguir loitando polo ascenso directo ou cando menos por unha das prazas de promoción.
Son baixas por diferentes causas para este choque ante el colista Luis, Cacha, Dani, Miguel Ángel e Changui.
Celia Feijóo Pazos será o colexiada que dirixirá o enfrontamento. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 7.