Previa | Prohibido fallar para un Senior diezmado

Pabellón CF - CD Trives (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 16, 16:00 horas):
Os pabellonistas teñen unha cita ligueira correspondente á decimosetima xornada na Terceira Futgal-Grupo 1º na que está obrigado a sacar os tres puntos diante dun rival da parte baixa da táboa e tamén a tomarse a revancha da derrota pola mínima na primeira volta no exilio en Castro Caldelas.
O Trives (13 puntos) preséntase a este partido despois de sumar un punto dos últimos nove. Fóra da casa non conseguiu gañar ningún partido, empatando dous e perdendo en cinco ocasións, cunha bagaxe de oito goles anotados e vinte e cinco encaixados.
Para o Pabellón (30 puntos) a vitoria é imprescindible para manterse, al menos, na zona de promoción que acecha o Amoeiro (26) cun partido menos. O grupo está liderado polo Atlético Trelle (32) e secundado polo Moreiras (30), cos mesmos partidos que os branquiverdes.
Para afrontar este choque Toño Sanmartín non poderá contar con Dani, Cacha, Changui, Román, Madrigal, Diego e Pibe. Ignasi podería ser alta.
O colexiado do partido será Esteban González Alonso. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 17.