LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Partido da zona alta para o Xuvenil "A"

Pabellón CF – Coruxo FC (Miguel Ángel; domingo 9, 12:00 horas):

Cita destacada no Miguel Ángel con repercusión directa na parte alta da táboa clasificatoria correspondente á vixésima xornada do Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil.

O Pabellón (38 puntos) recibe a un Coruxo (33) que conta cun partido menos no campo do Bertamiráns e polo tanto está metido de cheo na loita polas prazas de ascenso.

Os pontevedreses preséntanse en Ourense despois dunha racha de catro partidos sen perder cun saldo de tres vitorias e un empate. Como visitantes levan sumados 11 puntos despois de tres vitorias, dous empates e tres derrotas (Atlético Arteixo, Deportivo B e Ural) con 11 tantos a favor y 13 en contra.

Os de Iván Alonso intentarán manter a portería a cero -levan sete partidos consecutivos sen encaixar- e cortar esa racha de tres enfrontamentos consecutivos sen anotar.

Ademais de Joel Pacios, David e Álex Riveiro, periga a presenza de Youness e Martínez causou baixa na plantilla. Jorge parece recuperado e entrará na convocatoria.

O árbitro do partido será Rubén Castro Fernández, asistido nas bandas por Prendes Cacabelos e Mosquera Páez, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 20.