Previa | Rival á alza para o Senior
PCF Senior – UP Taboadela (Os Remedios; domingo 28, 16 horas):
Un conxunto taboadelés á alza será o rival da escuadra pabellonista na xornada décimo sétima do Grupo 2º da Segunda Galicia que se disputará no campo dos Remedios.
Toño Sanmartín non poderá contar con Cacha, sancionado, Mael e Anxo, ao tempo que son dúbidas ata última hora Diego e Iago Nieto.
O equipo é undécimo na clasificación con 21 puntos e buscará acabar cunha racha de cinco xornadas sen gañar nas que soamente sumou un empate.
En liña ascendente
O Taboadela chega a este partido inmerso nunha boa liña con seis partidos sen coñecer a derrota con cuatro triunfos e dúas igualadas. Ocupan sexta praza do grupo con 27 puntos, fóra da ampla zoana de descenso.
Lonxe do Outeiro do Migo o cadro taboadelés gañou un partido, empatou tres e perdeu noutras tres ocasións despois de marcar 7 tantos e recibir 11.
No partido da primeira volta o Taboadela impuxérase ao Pabellón cun gol no último minuto (1-0).
O partido será arbitrado por Cristian Rodríguez Pires. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 17.