Previa | Difícil saída para o Senior
Atlético Vilariño - Pabellón CF (O Medo; domingo 9, 16:15 horas):
O Senior afronta este domingo unha esixente saída ao campo do Atlético Vilariño na décima xornada da Segunda Futgal, coa intención de recuperar sensacións despois da derrota da pasada fin de semana no Miguel Ángel, que puxo fin a unha serie de catro xornadas consecutivas sen perder.
O conxunto que adestra Toño Sanmartín chega á cita situado na 9ª posición con 13 puntos, disposto a poñerlle as cousas difíciles a un dos rivais máis en forma da competición. O Atlético Vilariño, 2º clasificado con 21 puntos, está a realizar un excelente inicio de liga. En nove partidos só sufriu dúas derrotas: unha na casa fronte ao Piñeira Seca (1-2) e outra no campo do Rayo 21 (4-2), líder da categoría.
O equipo vilariñés chega reforzado tras vencer a domicilio ao Cenlle logo de dous reveses consecutivos, mentres que o Pabellón tratará de volver sumar diante dun rival esixente e manter a súa identidade competitiva para avanzar no camiño cara ao obxectivo da permanencia.
Por diferentes motivos nos branquiverdes non estarán por lesión Xoel, Rubén, que deberá pasar polo quirófano, e Aldan Mentres, Numan e Marío son dúbidas á espera da evolución das súas doenzas.
O técnico pabellonista espera algunha nova incorporación de última hora, á espera da baixa do club de procedencia.
Noel Rodríguez Iglesias é o colexiado deste partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 10.