Torneos Fútbol Base

Presenza nos torneos Oviedo Cup e 75 Aniversario do Santa Mariña

Tres equipos do club participarán esta fin de semana en dous torneos. Por un lado, Cadete "A" e Infantil "A" estarán no que organiza a UD Santa Mariña no campo de Cotogrande con motivo do seu 75 aniversario.

Na categoría cadete (sábado) participan RC Deportivo, UD Santa Mariña, UD Ourense, RC Celta e Pabellón. En canto á infantís (domingo) estarán presentes Rápido de Bouzas, RC Celta, RC Deportivo, Arosa SC e Pabellón. O sistema de competición en ambos casos é por liga. VER HORARIOS.

Mentres, O Xuvenil "A" viaxará ata terras asturianas para disputar a Oviedo Cup-Copa Principado de Asturias nunha competición configurada con dous grupos de catro equipos cada un e no que os branquiverdes terán como rivais no seu a Sporting de Gijón, Juventud Estadio e EFMO Boadilla. VER GRUPOS E HORARIOS.