El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

PREBENXAMÍS

Os Prebenxamís seguen progresando

P1990675

Unha vitoria e un empate para os dous equipos pabellonistas na xornada da pasada fin de semana na que ambos xogaron no campo de Os Remedios. Uns e outros seguen progresando.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica soloventaba con facilidade o seu compromiso co CD A Purísima (9-0) nunha confrontación que xa dominaba ao descanso (4-0). Carballo (4), Xián (2), Mateo e Hugo repartíronse os tantos. O equipo segue a liderar o Play Off.

No Torneo Ourense Base o Pabellón Promesas acabaría sumando un punto (2-2) contra un CD Allariz que tería unha vantaxe de dous goles anotados no segundo tempo despois dunha primeira parte sen movementos no marcador. Esteban e Aitor marcaron as dianas que facilitaron a igualada.

Os Prebenxamís seguen progresando