Pleno dos equipos do club nas catro finais das Copas Deputación de Fútbol-8
O sábado pola mañá xogáronse tres finais na Peroxa da Primera Galicia. A que abría a xornada enfrontaba en benxamís a Pabellón e UD Ourense (4-2). Ao descanso os nosos tiñan unha renda de tres goles (3-0) e na segunda os vermellos estiveron máis acertados en ataque (1-2). Os tantos do equipo que adestra Antonio Ensá foron de Saúl (2), Dani e Kevin.
Acto seguido disputouse o choque de prebenxamís entre Pabellón e EDC Verín (6-1). Os de Abraham Ordóñez tiñan vantaxe ao descanso (2-1) e na segunda metade marcaron diferenzas. Grela (2), Yago (2), Enzo Marañís e Adán anotaron para os nosos.
A sesión de partidos rematou coa final alevín entre Pabellón e Calasancio (10-0). Os de Quique Serantes dominaron todo o partido e marcaron moitas diferenzas na segunda metade. Joel Moreta (2), Mauro (2), Diego, Aldán, Dani Calvo, Xoel, Marco e Ballesteros foron os goleadores.
O campo de O Corgo acolleu o domingo a final benxamín de Segunda Galicia entre Pabellón "B" e EDC Xinzo "C" (1-0). Os de David Ramos fóronse ao descanso co gol anotado por Mateo de falta. Neste periodo tiveron un balón á madeira e na segunda parte lanzaron outro balón ao pao, nunha fase na que non houbo goles.
¡Parabéns a todos!