domingo. 26.09.2021 |
El tiempo
domingo. 26.09.2021
El tiempo

BENXAMÍS

Pleno dos catro equipos benxamís

P1990416

Boa fin de semana para os catro equipos pabellonistas na categoría benxamín, despois de facer un pleno de vitorias.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica Benxamín sumou un triunfo cómodo no campo de Os Carrís (0-7) diante a EDC Barbadás con tantos de Pablo, Hugo, Dani, Samuel, Anxo, Guillermo e Breogán. Os nosos seguen no alto da táboa.

No Torneo Ourense Benxamín o Pabellón Promesas tamén se facía cunha vitoria holgada (1-6) no campo do Ribadavia Atlético. Dani (2), Teo, Héctor, Izan e Damián foron os goleadores. O equipo é segundo no grupo 43.

O Pabellón "B" segue invicto no Play Off da 2ª Autonómica despois de desfacerse do CD Rúa "B" (3-1) nos Remedios. Os de Abel Afonso xa mandaban no marcador ao descanso (2-0). Augusto, Hugo Gil e Gabriel anotaron os tantos.

Finalmente, na xornada que abría a Copa Deputación da 2ª Autonómica o Pabellón Promesas "B" gañaba nos Remedios (4-3) ao Calasancio "B" nun emocionante partido. Iván (2) e Mario (2) marcaron para os de José Salgado.

Pleno dos catro equipos benxamís