El tiempo
martes. 19.03.2024
El tiempo

O Pavillón planta cara ao Oviedo pero non abonda para sumar.

Pabellon CF
Pabellon CF
O equipo deixa boas sensacións en Oviedo, pero non saca nada positivo de cara a clasificación.

O Pavillón saíu ben plantado, con dominio do Oviedo, pero sen xerar ocasións claras na portería defendida por Bruno.

No minuto 30 da primeira parte, una xogada ben trenzada dos nosos, pon o 0-1 no marcador: O balón chega pola banda esquerda a Manu, que pon un centro ó primeiro pau no que aparece Gallego para rematar a gol.

A partir de aí, ao final da primeira parte, o Pavillón estivo moi seguro na fase defensiva e soubo ler moi ben o partido.

Tralo descanso, o Oviedo saíu coa idea de darlle a volta ao partido pero o Pavillón controlou ben a embestidas dos ovetenses, iso sí, con ocasións moito máis claras que no primeiro tempo.

No minuto 20, un bo control de Pablo Ares ó borde da área deixaba atrás a 2 defensas do Pavillón e batía a Bruno raso.

Isto foi unha xarra de auga fría para os nosos, que non souberon reaccionar ante este golpe e no minuto 75 un penalti de Langa  foi materializado por Mario para poñer o 2-1 definitivo.

Os nosos intentárono ata o final,  máis con corazón que con cabeza, e a piques estiveron de empatar, pero unha semana máis non puido ser.

Forza rapaces!

#SerdoPabeMola

O Pavillón planta cara ao Oviedo pero non abonda para sumar.