domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

TORNEO OURENSE CADETE

Impúxose ao Velle "B" (2-0)

Cadete Promesas

Paso importante do Pabellón Promesas para seguir avanzando no Torneo Ourense Cadete despois de gañar nos Remedios (2-0) ao Velle "B", que ocupa a terceira praza do grupo.

Con dous goles na primeira metade anotados por Gabriel e Ana Toubes os de Enrique Silva sumaron os tres puntos contra un rival moi correoso que acabaría con nove home no campo despois de sufrir dúas expulsións no tramo final do partido. A maiores do triunfo os pabellonistas conseguiron facerse co golaverage particular xa que no Monte da Aira tamén venceran na primeira volta. Ver ficha técnica.

Lamentar a lesión de Christian Gallego nos nosos, que sufriu unha fractura de húmero. Dende aquí darlle moito ánimo e desexarlle unha pronta recuperaciòn.

Os nosos seguen ocupando a primeira praza do grupo con dous puntos de vantaxe sobre o Barbadás "B" cando a ambos lles restan dous partidos para rematar esta primeira fase por liguilla. Ver clasificación.

Impúxose ao Velle "B" (2-0)