O Pabellón volve coas mans baleiras da súa visita a Gijón.

Partido Pabellón
Partido Pabellón

O noso equipo saíu ben plantado na primeira parte, pero o Sporting foi superior en canto a dominio. O escaso acerto do equipo local e as boas intervencións do porteiro Bruno mantiveron con vida ao conxunto galego.

A ocasión máis clara do Pabellón tívoa Justino que rematou demasiado cruzado  un centro dende a banda dereita.

Despois do descanso a tónica do partido seguía sendo a mesma, pero o Pabellón conseguía poñerse por diante no marcador con nunha boa contra entre Gallego e Adrián que remata Tumbeiro ao primeiro pau.

O equipo Sportinguista moveu o banco e introduciu 3 cambios fundamentais. A alegría non duraría moito xa que aos 10 minutos o partido estaba igualado e 5 minutos despois, outra boa acción do conxunto local subiría o 2-1 no marcador.

O Pabellón tentou reaccionar pero o Sporting seguiu dominando o partido. Xa nos últimos minutos, o Sporting marcaba 3-1 definitivo.

 

Ánimo aos nosos!

 

#SerdoPabeMola