O Pabellón arranca ante Tropezón a fase de permanencia

Os branquirdes chegan a esta fase con 22 puntos tras acabar sexto na Liga Regular e non prosperar a reclamación do partido ante CD Conxo de Santiago.
Pabellon CF
J3-PabellónCF-CDLugo_8

O Pabellón CF arranca a Fase de Permanencia visitando ao CD Tropezón este domingo 11 de abril dende as 12:00 horas no Campo de Santa Ana Nº 1 de Tanos (Cantabria).

Unha Fase de Permanencia a que chega de maneira inxusta despois da gran Liga Regular disputada por os ourensanos e que de ter prosperado a reclamación por aliñación indebida do CD Conxo contra o Pabellón CF (2-0), por xogar con menos de seis xogadores con ficha A, houbese xogado o Playoff. Pero o xuiz entendeu, en duas ocasións, que non hubo "mala fe" dos santiagueses, e será o Ural o ocupe o posto dos de Cándido Gómez. O Pabellón CF estuda recurrir a sentenza ao TAD.

O Pabellón chega en segunda posición do Grupo 1D empatando a 22 puntos co Real Oviedo. Un grupo de 10 equipos entre galegos, casteláns, asturianos e cántabros. O pabellón enfrontaráse a unha volta cos 5 equipos que non xogou na Fase Regular: CD Tropezón, TSK Roces, CD Arenal, Real Avilés CF e Real Oviedo, xogando nos Remedios con Roces e Avilés.

 

# Equipo  Pt   J  G   E   P  GF GC  DG
1  Real Oviedo  22   0   0   0   0   0   0   0
2  Pabellón CF  22   0   0   0   0   0   0   0
3  Real Avilés CF  21    0   0   0   0   0   0   0
4  CD Calasanz 20   0   0   0   0   0   0   0
5  CD Arenal  18   0    0   0   0   0   0   0
6  CD Choco  16   0   0   0   0   0   0   0
7  CD Tropezón  14   0   0   0   0   0   0   0
8  TSK Roces  14   0   0   0   0   0   0   0
9  Conxo Santiago  13   0   0   0   0   0   0   0
10  Racing Ferrol             8   0   0   0   0   0   0   0