O pasado venres, nas oficinas do club no campo dos Remedios, constituiuse o primeiro Comité de Pais e Nais do Pabellón Club de Fútbol e Pabellón Promesas que estará dentro da estrutura da entidade.
Este Comité, que xa está operativo para esta tempada, encargarase da comunicación entre os pais dos xogadores e os responsables deportivos da entidade branquiverde, transmitindo as súas inquietudes á orden do día das reunións da Xunta Directiva.
Terá ademáis carácter consultivo para calquera problemática que poida xurdir ou das propostas de mellora por parte dos pais e nais.
A composición deste Comité de Pais e Nais, nun acto encabezado polo presidente pabellonista Felipe Quintela, consta das seguintes nove persoas: Rubén González, Juan Ángel Villa, María Grande, María Teresa Salgado, Jesús Salgueiro, César Sierra, Manuel Ángel Mazaira, Cristina Pereiras e Manuel Pérez. O directivo Pablo Villar será o enlace co club.