El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

“OS CINCO XA XOGARAN NO CLUB ”

Novos xogadores para o Xuvenil de División de Honra

Jugadores DHJ y Dibuja

O Xuvenil de División de Honra ven de confirmar a incorporación de cinco novos xogadores, tres procedentes do Ourense C.F. e dous do R.C. Celta de Vigo.

José Luís Hermida Dibuja como Coordinador Deportivo do club deulle a benvida  ás novas incorporacións para o equipo Xuvenil de División de Honra que seguirá dirixido por Cándido Gómez.

Dende o Ourense C.F. chegan tres incorporacións: Civile, Marcos e Alberto que volve despois de un ano fora do club. Tamén retornan José Pérez e Iker Baltar dende o R.C. Celta de Vigo.

Gabriel José Civile:

Xuvenil de último ano que xoga de central.

Os seus inicios foron no noso club, marchou ao U.D. Barbadás e despois de cinco anos fichou polo Ourense C.F., onde levaba outros cinco anos. Foi seleccionado dous anos coa Selección Ourensán e tamén coa Selección Galega.

“O meu ídolo é Thiago Silva e o meu mellor recordo foi o debut en 3ª División con 16 anos”.

Marcos Fernández:

Xuvenil de segundo ano que xoga de extremo esquerdo.

Comezou no noso club xogando a Fútbol Sala, pasou a Franciscanas e rematou no Ourense C.F.

“A miña referencia é Messi e o meu mellor recordo foi cando gañei a VPA Cup.”

Alberto Valencia:

Xuvenil de último ano que xoga de porteiro.

Comezou a xogar no C.D. Ourense e cambiouse ao noso club pasando por tódalas categorías ata Xuvenil. O ano pasado estivo no Ourense C.F. collendo experiencia e agora retorna para facerse ca titularidade na portería.

“ Os meus ídolos son Iker Casillas e Óliver Khan e os meus mellores recordos son cando conseguín o título de Campión de España Benxamín de F.S. ou cando logrei o terceiro posto na liga de División de Honra Cadete co Pabellón Club de Fútbol.”

José Pérez:

Xuvenil de segundo ano que xoga de dianteiro.

Leva dende pequeno xogando no club e estes dous útimos anos estivo no R.C. Celta de Vigo.

“O meu ídolo sempre foi Cristiano Ronaldo pero tamén me fixo noutros dianteiros, coma Benzema e Lewandowski. Teño moitos recordos bonitos pero quédome coa remontada ante o Cambados metendo tres goles.”

Iker Baltar:

Xuvenil de primeiro ano que xoga de extremo esquerdo.

Iniciouse no C.D. Ourense, xogou na Escola Deportiva Ourense pasando ao noso club. Os últimos dous anos estivo no R.C. Celta de Vigo.

“O meu ídolo é Dybala aínda que tamén me fixo en Isco Alarcón e o meu mellor recordo é quedar de primeiro na liga de División de Honra cadete do ano pasado.”

Dende o club desexámoslles a todos os rapaces a mellor das sortes. Forza Pabe!!!!! 

Novos xogadores para o Xuvenil de División de Honra