El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Viuse superado polo Porriño (2-3)

P1990703

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil encaixou a sexta derrota no campo de Os Remedios despois de caer contra un Porriño Industrial máis resolutivo (2-3). É o vixésimo segundo punto que ceden os branquiverdes como locatarios. Soamente coa metade deles os nosos estarían en zona de ascenso.

Marcou cedo o cadro local nun testarazo de Carlos aos sete minutos e unha falta executada por Fidalgo puido aumentar a vantaxe pero o meta rival desviou un balón que paecía gol. De todos os xesitos o Porriño enseguida mostaría un vo poder ofensivo creando varias ocasións de perigo sobre a meta de Sampayo ata que a oito para o descanso chegaría o tanto do empate precedida dunha acción que non gustou nas filas locatarias ao non enviar o balón fóra o cadro porriñés cando un defensor local caera en mala posición. Con todo 1-1 ao descanso.

Na segunda parte un gol dende corenta metros de Osían vindo adiantada a posición do meta rival puxo o 2-1 aos cinco minutos. A partir de ahí os branquiverdes tiveron varias ocasións para apuntillar pero non houbo fortuna no remate. Sí a tivo o Porriño nunha falta ao borde do área -xa avisara antes un balón ao pao- para establecer a igualada (2-2).

Con ese marcador chegaron máis ocasións para os nosos, Gustavo en dúas ocasións e José tiveron as ocasións para empatar pero non houbo forma. A pegada do Porriño volveu a reluciara para situar o 2-3 que resultaría definitivo. Ver ficha técnica. Con este resultado o equipo ocupa a sexta praza con 44 puntos. Ver clasificación.

Viuse superado polo Porriño (2-3)