Prebenxamís

De novo cara e cruz nos dous equipos Prebenxamís

Se a semana pasada falamos de cara e cruz nos dous conxuntos pabellonistas, nesta temos que falar do mesmo aínda que cos papeis cambiados.

Prebenxamín Promesas
Prebenxamín Promesas

Primeira derrota do Pabellón CF no Play Off da 1ª Autonómica a mans da EDC Xinzo (5-4) no campo de A Moreira. O partido tivo moita emoción con varias alternativas no marcador e ao final a mellor definición dos limiaos acabou sendo decisiva. Mario, Xián, Pablo e Carballo marcaron para os de Manuel Doval, que seguen liderando a táboa.

Mellor fortuna correu o Pabellón Promesas no Torneo Ourense Base despois de superar ao CD Velle no Monte da Aira (2-6). Os de Marcial González encarrilaron o partido na primeira metade. Nico (4), Juan Ándrés e Xián foron os goleadores e o equipo suma 10 puntos na quinta praza.