A Xunta Directiva pechou na tarde do mércores un novo Convenio Publicitario con Aceites Abril para as próximas tres tempadas.
O acto protocolario da firma contou coa presenza de Marta Pérez Canal, responsable do departamento de Recursos Humanos da potente empresa aceiteira ourensán; e Francisco Doforno, como Presidente do Pabellón Club de Fútbol.
A Xunta Directiva pabellonista agradece enormemente o apoio que brindará Aceites Abril ao novo proxecto deportivo.