A Real Federación Galega de Fútbol acaba de emitir unha circular dando conta das novidades que rexirán a partir desta tempada dentro das categorías benxamín e prebenxamín na modalidade de Fútbol 8.
CATEGORÍA BENXAMÍN
- Modificación do saque de meta. Ao igual que xa se viña facendo na categoría prebenxamín, desde esta tempada os porteiros tamén poden facer o saque de portería co balón en movemento na categoría benxamín.
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
- Modificación dos tempos ou períodos de xogo e o tanteo final do partido. A partir desta tempada nesta categoría os partidos pasan a xogarse en 4 tempos de 10 minutos cada un. Deste xeito os resultados contabilizaránse dunha forma novidosa por cada tempo: sumarase un gol por vitoria parcial e se remata o tempo en empate o resultado será de 0-0. Deste xeito o marcador final só pode ter unha diferenza máxima de 4-0 no caso de que un equipo gañe os catro tempos.